fbpx

Síguenos en...

NOTA DE PRENSA FICRURAL 2019

O FICRURAL 2019 celebrou o seu último e gran día coa presencia do galardoado no Festival de San Sebastián, Oliver Laxe, e dos directores finalistas do V Festival Internacional de Cinema Rural de Galicia

Tres días de encontros, parladoiros, lecer familiar, cine e concertos que queren marcar un cambio de tendencia no rural, porque o rural é un movemento imparable.

28.09.2019 Santiago de Compostela. – O Foro Internacional da Cultura e da Economía Rural (FICRURAL) culminou a súa primeira edición cunha entrega de premios aos gañadores do V Festival Internacional de Cinema Rural de Galicia.

No acto reivindicouse a necesidade de que sigan crecendo a presencia do rural e da muller no cine, pois baixo palabras do director do Foro, Aser Álvarez, “reivindicar hoxe a ruralidade de Compostela e de Galicia non é so un acto de xustiza. É algo imprescindible para o equilibrio territorial, social, económico e para a defensa do medio ambiente. A medio prazo, sen un rural vivo non hai futuro nin para as cidades nin para o planeta. A Terra está ameazada e hai que defendela país por país, comarca a comarca, aldea por aldea.”

Ao acto acudiron Xosé A. Sánchez Bugallo, alcalde do Concello de Santiago; Mercedes Rosón, primeira tenente de alcalde e Xosé Lois Penas en representación da Deputación da Coruña, que fixeron a entrega de premios aos gañadores do festival: “Luzas y Morras” de José Carlos Castaño na categoría documental, “Chen Li (Ciruela de agua dulce)” de Roberto F. Canuto e Xiaoxi Xu en categoría de ficción e “Ubi Sunt” de Sandra Román Peñalba elixido polo público nunha votación aberta nos días do Foro.

Podedes ver toda a información, así como o programa completo do evento na nosa web http://ficrural.gal/conclusións

 

Compartir »

Sigue en directo todas as novidades do FIC2019 nas nosas redes ou no apartado AO VIVO desta páxina.