fbpx

Síguenos en...

FICRURAL - Artículos filtrados por fecha: Decembro 2018
Martes, 18 Decembro 2018 15:39

Arraianos

Publicado en Organizan
Martes, 18 Decembro 2018 15:38

Deputación de A Coruña

Publicado en Organizan
Martes, 18 Decembro 2018 10:05

Inauguración de exposición Anacos do Rural

Inauguración de exposicion Anacos do rural de Compostela e A Coruña no recinto feiral de Amio

Galería de imaxes da In Inauguración de exposición Anacos do Rural

Esta exposición é unha pequena escolma de imaxes documentais e históricas do rural de Compostela e da provincia da Coruña (1934-1989), que forman parte do proxecto editorial multimedia GALICIA NA MEMORIA.

Publicado en Eventos
Martes, 18 Decembro 2018 10:04

Obradoiro de Xogos Tradicionais

ARRANCA O FICRURAL XOGO LEVANDO AS ESCOLAS DE COMPOSTELA UNHA MOSTRA DE XOGOS POPULARES

 FICRURAL XOGO é un dos tres eixos estratéxicos do FICRURAL, Foro Internacional da Cultura e Economía Rural, co que se pretende divulgar o patrimonio lúdico galego, socializalo e levar as escolas os xogos tradicionais, como alternativa de ocio aos xogos actuais.

Publicado en Eventos
Luns, 17 Decembro 2018 15:51

Ficrural Xogo

Ficrural Xogo

ARRANCA O FICRURAL XOGO LEVANDO AS ESCOLAS DE COMPOSTELA UNHA MOSTRA DE XOGOS POPULARES

FICRURAL XOGO é un dos tres eixos estratéxicos do FICRURAL, Foro Internacional da Cultura e Economía Rural, co que se pretende divulgar o patrimonio lúdico galego, socializalo e levar as escolas os xogos tradicionais, como alternativa de ocio aos xogos actuais.

E para os non tan cativos, acercar a contorna rural como alternativa de ocio para a práctica de actividades saudables e sostibles, promovendo o coñecemento deste territorio, a través de roteiros temáticos, andainas, saídas en bici e outras actividades para dar a coñecer o rural compostelán.

E como primeira actividade, este mércores 19 de decembro levase unha ludoteca de xogos tradicionais ao CEIP Raiña Fabiola, sendo este o primeiro dos cinco centros de Educación Primaria de Compostela aos que se vai a levar.

Esta ludoteca conta cunha colección de xogos para todas as idades elaborados artesanalmente e inspirados en xogos tradicionais de épocas e lugares diversos.

A idea é cear un espazo de ocio alternativo, onde poder gozar do xogo tradicional á vez que se desenvolven habilidades e destrezas manuais, cognitivas e a capacidade imaxinativa,  a través de xogos de precisión, de lanzamento, de habilidade, de enxeño e  de cooperación.


Publicado en Presentación
Luns, 17 Decembro 2018 15:49

FICRural Feira

Ficrural Feira

Como aconteceu sempre nas feiras ao longo da nosa historia, crearase un espazo de encontro para favorecer o intercambio, o diálogo e a reflexión sobre o pasado, o presente e o futuro do mundo rural, compartindo experiencias con actores públicos e privados, nacionais e internacionais, e xerando unha rede de contactos e colaboración entre axentes de proxectos de emprendemento rural e de dinamización dos recursos endóxenos de Compostela e Comarca e dos concellos da provincia de A Coruña.


Anacos do Rural

Ligazón da nota de prensa da exposición Anacos do Rural

Descargar Cartel

Publicado en Presentación
Luns, 17 Decembro 2018 15:46

FICRural Visión

Ficrural Visión

Mediante o conxunto de accións, eventos e actividades propostas dentro do FICRural Visión, preténdese mellorar o coñecemento da nosa cultura e identidade, así como crear un arquivo de recursos audiovisuais para recuperación da memoria rural e favorecer o diálogo intercultural entre os espazos rurais e os urbanos.

Aproveitando recursos cotiás como os móbiles e as redes sociais, desenvolveranse actividades como xincanas fotográficas e audiovisuais nas parroquias rurais de Compostela, enfocadas principalmente nas rapazas e rapaces dos centros de Educación Secundaria.

Ligazón Festival de Cine Carlos Velo

Descargar as bases do Concurso Xincana FicRural

Ligazón a Instagram

Publicado en Presentación
Luns, 10 Decembro 2018 15:55

Acude Rural

Publicado en Organizan
Luns, 10 Decembro 2018 15:55

Universidade de Santiago de Compostela

Publicado en Colaboran
Páxina 2 de 3

Sigue en directo todas as novidades do FIC2019 nas nosas redes ou no apartado AO VIVO desta páxina.