fbpx

Síguenos en...

FICRURAL - Artículos filtrados por fecha: Setembro 2019
  • Mesa: Deputación Da Coruña: Proxectos De Desenvolvemento Rural

 

Obxectivo: Mesa redonda se vai debater dende o local a problemática do rural, onde varios membros da Asociación Galega de Profesionais do Desenvolvemento Local de Galicia e dos Grupos de Desenvolvemento Rural van facer unha posta en común de proxectos innovadores de desenvolvemento endóxeno canda os xestores de varios concellos da provincia de A Coruña.

Publicado en Eventos
Xoves, 19 Setembro 2019 16:23

FICRural Feira - O Rural en Compostela

  • Mesa: O rural en Compostela

Obxectivo: Posta en común das demandas das asociacións de veciños do rural de Compostela como base para unha discusión pública entre as diferentes forzas políticas con representación municipal, co obxectivo de establecer principios de acordo básico para unha actuación institucional consensuada para sentar as bases dun pacto polo rural.

 

Moderador/a:

A organización do FICRURAL.

Participantes:

  • Cruz Vázquez Veiga, presidenta de FERUSA (Federación de Asociacións de Veciños do Rural de Compostela)
  • Representantes dos grupos municipais con representación no Pleno do Concello de Santiago.
Publicado en Eventos
Xoves, 19 Setembro 2019 16:22

FICRural Feira - O Urbanismo e o Rural

  • Mesa: O urbanismo e o rural

Obxectivo: Analizar as causas co colapso territorial en Galicia e a necesidade de dar respostas aos problemas urbanísticos e de definición dos usos da terra, a partir dunha exemplificación no caso de Compostela e Comarca.

Moderador/a:

  • Agustina Sangüesa Alba, coordinadora da Rede de Periodistas Rurais.

Participantes:

  • Xosé Allegue Fernández, Arquitecto Xefe da Oficina Supervisora de Proxectos e Infraestruturas do Consorcio de Santiago de Compostela.
  • Xosé Constenla Vega, profesor da Universidade de Vigo e autor do ensaio “O colapso territorial en Galiza”.
Publicado en Eventos
  • Mesa: Encontro de Mulleres Rurais de Compostela e Comarca

 

Obxectivo: Foro de diferentes experiencias levadas por mulleres de iniciativa e defensa  de modos sustentables de vida no rural, coa finalidade de reivindicar o seu papel fundamental e pouco recoñecido de resistencia e loita contra o abandono e na defensa da cultura tradicional.

 

Moderador/a:

  • Carme Freire Cruces, Labrega e Formadora Ecolóxica e Artesanal.

Participantes:

  • Cruz Barral Carollo, Labrega e membro da Asociación Nonéomesmo
  • María del Rosario López Gómez, responsable de Charo López Atelier
  • María Cruz Dafonte Raña, responsable do programa “As que Fomos” (Obradoiros de Apoderamento para Mulleres do Rural)
  • Isabel Sánchez Manso, responsable proxecto de recuperación do patrimonio inmaterial no rural
  • Beatriz Barril Romero, responsable de SPACIO B Diseño
Publicado en Eventos
Xoves, 19 Setembro 2019 16:21

FICRural Feira - Proxectos Innovadores

  • Mesa: Proxectos innovadores do rural na comarca de Compostela

Moderador/a:

  • María Cedrón, redactora La Voz de Galicia e coordinadora de Somos Agro.

Participantes:

  • Xosé Portas García, xerente de Discarlux e responsable do proxecto Fisterra Bovine World.
  • Manuel Pérez Lois, responsable do Fogar do Selmo.
  • Elena Díaz, cervexa ecolóxica Toupiña.
Publicado en Eventos
Xoves, 19 Setembro 2019 16:20

FICRural Feira - O Rural e a Universidade

  • Mesa: O rural e a universidade

Obxectivo: Apuntar o papel das diferentes universidades galegas como focos potenciais de creación e difusión de coñecemento e innovación aplicada aos problemas, retos e desafío do rural en Galicia.

Moderador/a:

  • Agustina Sangüesa Alba, coordinadora da Red de Periodistas Rurales de España.

Participantes:

  • Eduardo Curto Rodríguez, profesor da USC do departamento de Organización de empresas e Comercialización e membro do xurado do concurso de emprendemento "Semente" de Monforte de Lemos

  • Yolanda Pena-Boquete, directora de investigación de AYeconomics Research Centre, spin-off da USC

  • Xoan Carlos Carreira Pérez, Director da Escola Politécnica Superior de Lugo e organizador das “Xornadas Agrarias Galegas”
Publicado en Eventos
Xoves, 19 Setembro 2019 16:20

FICRural Feira - Deputación da Coruña

  • Mesa: Deputación Da Coruña: Proxectos de desenvolvemento rural

Obxectivo: Debater dende o local sobre a problemática do rural, onde varios membros da Asociación Galega de Profesionais do Desenvolvemento Local de Galicia e dos Grupos de Desenvolvemento Rural van facer unha posta en común de proxectos innovadores de desenvolvemento endóxeno canda os xestores de varios concellos da provincia de A Coruña

Publicado en Eventos
Xoves, 19 Setembro 2019 16:19

FICRural Feira - O Rural en Galicia

  • Mesa: O rural en Galicia

Obxectivo: Contrastar as diferentes propostas sobre o modelo territorial galego, o desenvolvemento rural e a crise demográfica, realizadas polas forzas políticas autonómicas con representación parlamentaria, co obxectivo de asentar unhas bases mínimas para o establecemento dun pacto polo rural

 

Moderador/a:

  • María Cedrón, redactora de La Voz de Galicia e coordinadora de Somos Agro.

Participantes:

  • José Antonio Quiroga Díaz (PSdG-PSOE)
  • Antón Sánchez García (Grupo Común da Esquerda)
  • Mini (Xosé Luís Rivas Cruz) (BNG)
  • Moisés Blanco Paradelo (Partido Popular)
  • Davide Rodríguez Estévez (Grupo Parlamentario Mixto-En Marea)
Publicado en Eventos
  • Inauguración FICRURAL no CSC A Gracia

22 de Setembro de 2019, 11:30 horas – CSC A Gracia

 

ANDAINA E ACCIÓN COLECTIVA NO DÍA MUNDIAL SEN COCHES

11:30 h. Acto inaugural do FICRURAL 2019 terá lugar no Centro Sociocultural A Gracia, e será un evento popular e aberto ao público, onde imos desfrutar dunha sesión de narración oral a cargo de María da Pontragha, e a lectura do manifesto “A ESPAÑA BALEIRA”  por parte dun membro da Red de Periodistas Rurales de España.

Acto inaugural FICRURAL 2019

12:00 h. Acción colectiva: “CAMPÁS DE COMPOSTELA” co toque simultáneo de todas as campás de Compostela, coordinado por Moisés Quintas, nunha acción reivindicativa a chamar a atención sobre a crise global do mundo rural e a necesidade dun futuro para o rural de Compostela e de toda Galicia.

12:15 h. Concerto “TERRA E ALMA”. Moisés Quintas ofrecerá ás persoas asistentes un concerto multidisciplinar onde se interrelacionan as músicas e letras dos alalás, interpretados con distintos instrumentos populares e tradicionais de Galicia; e as fotografías de Carlos Valcárcel, realizadas entre os anos 60-70 do século pasado e os sons da Terra. Estes elementos vanse dando vida uns aos outros creando unha ampla paisaxe visual e sonora, que transporta ao ouvinte a outra época e a outros lugares de Galicia.

Biografía

Moisés Quintas (Bande, Ourense, 1965), é diplomado en maxisterio na especialidade de Ciencias Humanas e mestre especialista en Educación Musical. Estudou guitarra e frauta traveseira nos conservatorios de Ourense, Cádiz e Vigo, sendo profesor de guitarra clásica polo Real

Conservatorio de Música de Cádiz.

É Membro fundador do grupo Trasmundi: “Raianos” (Clave Records 2001). “En tempos que se foron…” (Ouvirmos 2010).

Publicacións:

- “Guía Didáctica de Instrumentos Galegos” (Ouvirmos 2011). Libro-CD.

- “Pito Galego, Método práctico” (Ouvirmos 2015). Libro-web.

- “Terra e Alma” (Canela 2018). Libro-CD con contido

No ano 2016, o festival Música no Claustro fai un recoñecemento ao seu labor musical na sección Homenaxe amor e vida pola música”.

13:00 h. Proxección de documentais históricos de Filmoteca Española e da Mediateca do Ministerio de Agricultura incluídos no proxecto multimedia Galicia na Memoria.

13:30 h. Visita guiada e clausura da exposición Anacos do Rural de Compostela e provincia no CSC A Gracia.

 

 

 

 

Publicado en Eventos

Domingo 22 - ACTIVIDADE APRAZADA DEBIDO AO MAL TEMPO, DESCULPADE AS MOLESTIAS

  • Roteiro en bici e a pé: Coñece o rural

Con motivo da celebración do Día Mundial sen coches, farase un roteiro guiado e de balde para ir a pé até o acto inaugural do FICRURAL 2019 no CSC A Gracia.

Horario: 9:30 – 11:30

Debido ao mal tempo, o camiño ao CSC A Gracia farase de balde no bus do FICRural a partir das 11:00 h.

Saída: Fundación Laboral da Construción

 

 

 

 

Publicado en Eventos
Páxina 3 de 6

Sigue en directo todas as novidades do FIC2019 nas nosas redes ou no apartado AO VIVO desta páxina.