Blog
Mediante o conxunto de accións, eventos e actividades propostas dentro do FICRural Visión, preténdese mellorar o coñecemento da nosa cultura e identidade, así como crear un arquivo de recursos audiovisuais para recuperación da memoria rural e favorecer o diálogo intercultural entre os espazos rurais e os urbanos.
Aproveitando recursos cotiás como os móbiles e as redes sociais, desenvolveranse actividades como xincanas fotográficas e audiovisuais nas parroquias rurais de Compostela, enfocadas principalmente nas rapazas e rapaces dos centros de Educación Secundaria.
Ligazón Festival de Cine Carlos Velo
Como aconteceu sempre nas feiras ao longo da nosa historia, crearase un espazo de encontro para favorecer o intercambio, o diálogo e a reflexión sobre o pasado, o presente e o futuro do mundo rural, compartindo experiencias con actores públicos e privados, nacionais e internacionais, e xerando unha rede de contactos e colaboración entre axentes de proxectos de emprendemento rural e de dinamización dos recursos endóxenos de Compostela e Comarca e dos concellos da provincia de A Coruña.
Ligazón da nota de prensa da exposición Anacos do Rural
Descargar Cartel