fbpx

Síguenos en...

Novas do Festival de Cine Rural

Conscientes da necesidade dun cambio de modelo de desenvolvemento, que poida reverter a situación do territorio rural, a Feira Internacional da Economía e Cultura Rural e Alternativa FICRURAL nace en 2018 co obxectivo de ser un foro de intercambio e divulgación de experiencias e casos de éxito para impulsar este novo modelo.

A FICRURAL, tal e como aconteceu sempre nas feiras ao longo da historia, é un punto de encontro para favorecer a colaboración e o intercambio, o diálogo e a reflexión sobre o pasado, o presente e o futuro do rural, compartindo experiencias con actores públicos e privados, nacionais e internacionais, para crear unha rede colaborativa entre axentes e proxectos de emprendemento rural para a dinamización do rural de Compostela e Comarca e dos concellos da provincia da A Coruña.

O Festival Internacional de Cine Rural de Galicia forma parte do eixe FICRURAL Visión, conxunto de accións, eventos e actividades que pretenden mellorar o coñecemento da nosa cultura e identidade, así como crear un arquivo de recursos audiovisuais para recuperación da memoria rural e favorecer o diálogo intercultural entre os espazos rurais e os urbanos.

 

Sigue en directo todas as novidades do FIC2019 nas nosas redes ou no apartado AO VIVO desta páxina.