fbpx

Síguenos en...

FICRural Visión - Carlos Velo na Memoria

  • Carlos Velo na memoria

O público asistente a esta sesión vai poder coñecer a testemuña de Carol de Swaan, viúva do cineasta galego exilado en México Carlos Velo e escoitar de primeira man a fonda pegada que o seu home deixou neste país americano como profesional do cine e como formador da nova xeración de cineastas mexicanos.

 Poñentes:

  • Carol De Swaan
  • Luis Alvarez Pousa

 

 

  • CAROL DE SWAAN

Nai de dous fillos, viúva de Carlos Velo

A miña experiencia laboral centrouse en publicacións e guións e como guionista  de diversos Programas de Difusión Científica  para o Consello Nacional de Ciencia e Tecnoloxía de México.Estiven a cargo da Coordinación da  edición do Manual do Instrutor  Comunitario, realizado polo Centro de Investigación e Estudos Avanzados do Instituto Politécnico Nacional para o  Consello Nacional de Fomento  Educativo. Fun guionista do programa radiofónico Palabras Prohibidas, sobre violencia familiar, abuso sexual, e outros con perspectiva de xénero.

Fungí como Coordinadora do Departamento de Socioloxía do Centro de Estudos Económicos e Sociais do Terceiro Mundo, fun coordinadora  do Programa da Muller da Secretaría de Turismo onde editamos o libro As Mujeres Damos Vida ao Turismo. Fun Directora da Academia Mexicana de Dereitos Humanos, desde onde impulsamos a primeira observación electoral da sociedade civil e a creación de Alianza Cívica, organismo non gobernamental encargado de vixiar as eleccións  e a creación da Comisión Nacional de Dereitos Humanos, dirixida polo primeiro  Obusdman en México, quen fose membro da Academia. Fun ademais Coordinadora do Centro de Atención Integral das Mulleres da Delegación  Xochimilco, zona moi marxinada cunha poboación de case un millón de persoas e un alto nivel de violencia familiar que combater.

 

 

Compartir »

Sigue en directo todas as novidades do FIC2019 nas nosas redes ou no apartado AO VIVO desta páxina.