fbpx

Síguenos en...

FICRural Feira - Inauguración no CSC A Gracia

  • Inauguración FICRURAL no CSC A Gracia

22 de Setembro de 2019, 11:30 horas – CSC A Gracia

 

ANDAINA E ACCIÓN COLECTIVA NO DÍA MUNDIAL SEN COCHES

11:30 h. Acto inaugural do FICRURAL 2019 terá lugar no Centro Sociocultural A Gracia, e será un evento popular e aberto ao público, onde imos desfrutar dunha sesión de narración oral a cargo de María da Pontragha, e a lectura do manifesto “A ESPAÑA BALEIRA”  por parte dun membro da Red de Periodistas Rurales de España.

Acto inaugural FICRURAL 2019

12:00 h. Acción colectiva: “CAMPÁS DE COMPOSTELA” co toque simultáneo de todas as campás de Compostela, coordinado por Moisés Quintas, nunha acción reivindicativa a chamar a atención sobre a crise global do mundo rural e a necesidade dun futuro para o rural de Compostela e de toda Galicia.

12:15 h. Concerto “TERRA E ALMA”. Moisés Quintas ofrecerá ás persoas asistentes un concerto multidisciplinar onde se interrelacionan as músicas e letras dos alalás, interpretados con distintos instrumentos populares e tradicionais de Galicia; e as fotografías de Carlos Valcárcel, realizadas entre os anos 60-70 do século pasado e os sons da Terra. Estes elementos vanse dando vida uns aos outros creando unha ampla paisaxe visual e sonora, que transporta ao ouvinte a outra época e a outros lugares de Galicia.

Biografía

Moisés Quintas (Bande, Ourense, 1965), é diplomado en maxisterio na especialidade de Ciencias Humanas e mestre especialista en Educación Musical. Estudou guitarra e frauta traveseira nos conservatorios de Ourense, Cádiz e Vigo, sendo profesor de guitarra clásica polo Real

Conservatorio de Música de Cádiz.

É Membro fundador do grupo Trasmundi: “Raianos” (Clave Records 2001). “En tempos que se foron…” (Ouvirmos 2010).

Publicacións:

- “Guía Didáctica de Instrumentos Galegos” (Ouvirmos 2011). Libro-CD.

- “Pito Galego, Método práctico” (Ouvirmos 2015). Libro-web.

- “Terra e Alma” (Canela 2018). Libro-CD con contido

No ano 2016, o festival Música no Claustro fai un recoñecemento ao seu labor musical na sección Homenaxe amor e vida pola música”.

13:00 h. Proxección de documentais históricos de Filmoteca Española e da Mediateca do Ministerio de Agricultura incluídos no proxecto multimedia Galicia na Memoria.

13:30 h. Visita guiada e clausura da exposición Anacos do Rural de Compostela e provincia no CSC A Gracia.

 

 

 

 

Compartir »

Sigue en directo todas as novidades do FIC2019 nas nosas redes ou no apartado AO VIVO desta páxina.