fbpx

Síguenos en...

FICRural Visión - O Rural no Cine

  • O rural no Cine e na literatura en Galicia

No século XXI o rural como tema literario parecía apartarse dos nosos escritores e escritoras. Pero nos últimos anos veñen publicándose unha serie de títulos que van dende ensaio ata a novela ou poesía que están rescatándoo. O mesmo acontece no mundo do cinema. Esta mesa versa precisamente sobre este novo interese sobre o rural no cine e na literatura en Galicia.

Moderador:

  • Aser Álvarez e Inés Vázquez

 

Poñentes:

  • Ana Cabaleiro
  • Xesús Fraga
  • Xosé Manuel Vega
  • Rosa Aneiros
  • Plácido Romero

 

  • ASER ÁLVAREZ

Xornalista,  politólogo, director, produtor e promotor cultural. É  dircom de  Galeguesa, empresa que xera emprego e riqueza na Galicia interior. Director de  Arraianos  Producións, produtora independente coa que dirixiu proxectos documentais sobre o mundo rural. Coordinou para o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a edición multimedia “Galicia na Memoria”. Dirixe o Foro Internacional de Economía e Cultura Rural (FICRural) e codirixe o Festival Internacional de Cinema Rural de Galicia “Carlos Velo”. Actualmente desenvolve proxectos audiovisuais e multimedia relacionados coa recuperación e valorización do patrimonio material e inmaterial rural.

 

  • ANA CABALEIRO

Ana Cabaleiro. Nace en 1974 na parroquia de Saídres, na comarca do Deza, na denominada Galiza central, mais leva preto de vintecinco anos residindo en Santiago de Compostela. É licenciada en Xornalismo, profesión que exerce intermitentemente desde hai dúas décadas. Cursou, ademais, o Master en Estudos Teóricos e Comparados da Literatura e da Cultura da USC, no que investigou e publicou sobre contracultura e ciberactivismo artístico. Tamén ten traballado no eido da discapacidade intelectual e no da cooperación ao desenvolvemento. Actualmente, desenvolve a súa actividade profesional nun gabinete de comunicación institucional.

Como autora, formouse en obradoiros e cursos de escrita, sempre na procura de voces femininas coas que abeirar as mareas da vida. Froito destas experiencias forma parte, desde hai tres anos, do grupo de escrita cooperativa 'Versos Soltos', co que publicou o fanzine 'Compostela' en 2018. A súa primeira obra publicada é a compilación de relatos 'Sapos e Sereas' (Editorial Galaxia, 2017). En 2018 gañou o Premio Manuel García Barros, convocado polo Concello de A Estrada, coa novela 'As Ramonas', publicada ese mesmo ano pola Editorial Galaxia. 'As Ramonas' é neste momento finalista no Premio San Clemente, outorgado por alumnado de secundaria de centros educativos galegos e estranxeiros.

 

  • XESÚS FRAGA

Londres, 1971

Licenciado en Ciencias da Información. Estudos de grao de Filoloxía Inglesa e Antropoloxía Social e Cultural. Xornalista de La Voz de Galicia dende 1996.

Como autor:

Tute para catro (Xerais), A-Z (Xerais), Solimán (Xerais). Premio Rubia Barcia-Cidade de Ferrol, O elefante branco (Tambre). Premio Frei Martín Sarmiento, Reo (Galaxia). Premio Raíña Lupa. 50 recetas con moras y otros frutos silvestres (Alvarellos).

Edicións:

Sherlock Holmes anotado (Morgante), Carlos Casares en La Voz de Galicia (Biblioteca Gallega, La Voz de Galicia).

Traducións (una breve selección).

Do inglés ao galego:

Julian Barnes, Arthur & George (Rinoceronte). Finalista do premio Lois Tobío 2006. Julian Barnes, O sentido dun final (Rinoceronte). Vladimir Nabokov, Lolita (Faktoría K). Premio Lois Tobío 2008. Patrick Ness, Un monstro vén a verme (Faktoría K). John Berger, De A para X (Fragmentos, Concello da Coruña). Robert Macfarlane, Corredoira (Holloway) (Faktoría K).

 

  • PLACIDO ROMERO

Exprofesor de Ensino Medio, usuario e investigador dos medios audiovisuais como recurso didáctico nas materias de Histotia, Xeografía e CCSS nos anos noventa do século pasado. Produciu e dirixiu pezas didácticas e reportaxes sobre artistas plásticos. En Arraianos Producións, participou na realización de documentais como 100% CEF,  Traballo Animal,  Sisifo Confuso, Traballos e días de Francisco Leiro, Ou Purgatorio de Francisco Leiro.

Como director realiza documentais que teñen como tema central a situación rural galega como Cesteando, 2016, Fronteiras de Enerxía Animal, 2017 e O Tempo na Luparia, 2018.

 

  • ROSA ANEIROS

Rosa Aneiros (Meirás-Valdoviño, 1976) é xornalista e traballa no Consello da Cultura Galega. En 1999 presentou a súa primeira novela, Eu de maior quero ser, á que seguiron Corazóns amolecidos en salitre (2002), Resistencia (Xerais, 2003, Premio Arzobispo San Clemente, 2003), O xardín da media lúa (2004), Veu visitarme o mar (Xerais, 2004), Ás de bolboreta (Xerais, 2009, Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Xuvenil 2009 e Premio The White Ravens [Internationale Jugend Bibliothek], 2010), Sol de Inverno (Xerais, 2009, Premio Xerais de Novela 2009 e Premio Fervenzas Literarias a Mellor portada adultos 2009).

 Para público xuvenil publicou a triloxía Ámote Leo A., integrada polos títulos Ámote Leo A. Destino xalundes (Xerais, 2013), Ámote Leo A. Estación de tránsito (Xerais, 2014) e Ámote Leo A. Terminal de chegadas (Xerais, 2014), que foi galardoada co Premio Libro do Ano Infantil e Xuvenil 2013, outorgado pola Federación de Libreiros de Galicia.

Nos últimos anos achegouse ao público infantil da man dos libros A batalla da Chañán Curi Coca e Orestes perde o sentido.

Nos vindeiros meses verán a luz en Edicións Xerais de Galicia os títulos Tres bichicomas, dúas illas e unha serea -premio Agustín Fernández Paz para literatura infantil e xuvenil- e Xelís, o guieiro das botellas de mar - premio Merlín de literatura infantil.

 

  •  XOSÉ MANUEL VEGA

Nacín en 1960 na casa de Rubinos de Souto. A casa e o lugar xa case desapareceron da paisaxe, pero seguen vivos na miña memoria. De neno fun ben mandado e traballei coma un home e, xa de home, fago cousas de neno, como soñar, e non me gusta que me manden.

Son licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Autónoma de Barcelona. Traballo naTelevisión de Galicia desde 1986 e sempre tratei de ser un profesional digno. Durante 16 anos fun o responsable da información do Parlamento. Deixei a información diaria hai uns 15 anos e desde entón dedícome ós documentais e entrevistas. Dirixín a serie Historias de Galicia e actualmente estamos gravando Os castros, coa que estou bastante ilusionado.

No 2004 promovín e defendín no Parlamento unha iniciativa lexislativa popular para a democratización dos medios públicos galegos, que seguen como estaban ou peor. Tamén fun decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. Sei que a verdade sempre ten custos e que a mentira sempre busca beneficios.

En maio publiquei Déixate de ódegas, un libro de relatos sobre a miña infancia nos Ancares.

   

 

Compartir »

Sigue en directo todas as novidades do FIC2019 nas nosas redes ou no apartado AO VIVO desta páxina.